Co mes de marzo chegou o fin do segundo trimestre e as tan merecidas vacacións de Semana Santa!
Este mes aprendimos moitas cousiñas realizando propostas relacionadas co frío e co centro de interese "Os pingüins", ademáis de traballar tamén aspectos relacionados con Portugal:
Algunhas destas tarefas as levamos a cabo empregando estratexias de aprendizaxe cooperativo (folio xiratorio), traballando así os tempos de espera e o respecto dos turnos, dous aspectos moi importantes a traballar nesta etapa.
Con motivo do 8M aprendimos algunhas cousiñas sobre "Carolina Beatriz Ângelo", unha muller importante na historia de Portugal, levamos de préstamo da biblioteca contos reivindicativos e participamos no "I Concurso da Muller", que rematou cunha merendola cos demais nenos de infantil:
A polo último trimestre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario