domingo, 30 de octubre de 2022

OUTUBRO EN 3 ANOS

Familias, coñecedes a Maruxiña? é a nosa "galeguiña". É a encargada de facernos compañía e ensinarnos moitas cousas, entre elas que estamos no OUTONO!


Ademáis, tamén nos trouxo contos sobre o Samaín, e por iso fixemos un montón de actividades relacionadas con eses temas. 








Con estas actividades melloramos a nosa motricidade fina (movemento de pinza, prensión, presión, coordinación óculo-manual...), puxemos a proba a nosa capacidade de atención e concentración, iniciamonos no conteo e na asociación entre número e cantidade, agrupamos elementos en función da súa forma ou cor e seguimos a traballar a lectoescritura a partir dos nosos nomes.

Igual que setembro, outubro tamén foi un mes moi especial, pois foi un mes de moitas celebracións:

🎂Aniversario dun compañeiro:



📗Inauguración da biblioteca:


📘Día das bibliotecas escolares:


👻E Samaín:






E non nos podemos despedir sen dicirvos que tamén xogamos moito!














jueves, 27 de octubre de 2022

SAMAÍN!

Hoxe foi un día moi especial pois, cando chegamos ao cole..., SORPRESA! As nosas mestras tiñannos preparados uns talleres moi chulos nos que participamos en tres grupos mixtos.


👻Elaboramos unhas pantasmas con "Chupa Chups":


🕷Manipulamos bechos, ollos e misturas noxentas:


🔦Experimentamos coa luz negra:


🚪Preparamos uns ataúdes deliciosos recheos de crema de cacao ou de queixo de untar:



😋E disfrutamos merendando!:










sábado, 15 de octubre de 2022

SETEMBRO!

O pasado mes de setembro foi un mes moi especial na vida dos pequenos da aula de 3 anos, pois foi o mes das primeiras veces!...

👉 Primeiro día de cole:


👉 Primeiros xogos durante o periodo de adaptación:


👉Primeiros xogos no patio:


👉Primeiras asambleas e rutinas:


👉Primeiras propostas nos rincóns de "traballo":





👉Primeiros xogos en rincóns ou tranquiliños nas mesas:


👉Primeiros xogos dirixidos en grupo:


👉 E ata a primeira excursión pola contorna!:


Outubro tamén está sendo un mes moi especial... e o veredes na próxima entrada! Deica a próxima!