sábado, 31 de diciembre de 2022

jueves, 29 de diciembre de 2022

DECEMBRO

 Ola familias!

Xa estamos de vacacións de Nadal e espero que estedes a disfrutar moito destes días de descanso. 

Son unhas vacacións moi merecidas para os nenos, pois superar o primeiro trimestre de tres anos é moi duro...

No mes de decembro, coma sempre, aprendimos un montón coas propostas dos rincóns de traballo:









Tamén xogamos moito e demostramos que estamos facéndonos moi amigos:




Decembro é un mes moi máxico para os nenos, pero para nós o foi un pouquiño máis, pois vivemos experiencias moi bonitas:
🎪Excursión ao "Circo de Nadal" en Vigo:



🎄Actividades e talleres navideños:








🎁Visita do apalpador cargadiño de agasallos:



Ademáis, tamén celebramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" decorando entre todos un paraugas baixo o que collemos todos:


Despedímonos ata o ano que ven! Feliz ano!






sábado, 3 de diciembre de 2022

NOVEMBRO!

 Ola familias!

Novembro foi un mes moi intenso para os nenos de 3 anos... pois tivemos que mudarnos! Costounos uns días adaptarnos ao cambio pero xa está todo controlado!

Cambiou a aula pero non as nosas rutinas, os nosos xogos, nin as nosas ganas de aprender. 

Comezamos o mes cunha semana curtiña despois da ponte na cal fixemos actividades especiais:

🕷 Fomos reposteiros por un día e creamos unhas magdalena-araña deliciosas:


🍁Buscamos follas no patio dos maiores e aproveitamos para xogar un pouquiño:


🍂 Empregamos as follas recollidas no patio para decorar uns vasiños de vidro que servirán de portavelas:




Nas semanas seguintes tamén pasaron cousas moi interesantes pois:
🌰Celebramos o Magosto:


🎂Celebramos os 3 aniños dunha compañeira:



🚌Viaxamos en autobús ata Vigo para visitar unha exposición sobre a industria conserveira:




👦👧Xogamos moito dentro do cole e no patio:


💡E aprendemos moito facendo propostas relacionadas co outono:







Agora nos espera o mes máis máxico do ano... Imos disfrutalo un montón!