jueves, 30 de noviembre de 2017

ANIVERSARIOS MES DE NOVEMBRO


 NESTE MES DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NAS NOSAS AULAS OS ANIVERSARIOS DE:



ADRIANA E IAGO, QUE CUMPLIRON 4 ANOS.


E MARA QUE XA CUMPLIU 5 ANOS.

MOITOS PARABÉNS RAPACES, DESEXAMOS QUE PASARADES UN BO DÍA!!!!!







jueves, 2 de noviembre de 2017

Samaín é Halloween

Empezamos a mañá cunha visita moi especial, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ramón D.Veiga, autor do conto "Violeta quere ser vampiro" que veu contarnos en que consiste a noite de Samaín.

Despois, realizamos un obradoiro de maquillaxe para converternos nuns auténticos morcegos para levar a cabo unha serie de xogos co resto do colexio nos que pasámosnolo xenial!

Outro dos nosos obradoiros foi o de cociñar unha pantasma a partir de chocolate e galletas!

Terminamos o día de festa cun flasmob coa canción que aprendemos coa teacher e a canción de Paco Nogueiras "No samaín".

Aquí deixamos unha pequena mostra fotográfica destes momentos: