domingo, 15 de octubre de 2023

Os de 3 xa están na clase de 4 anos!

 O día 11 de setembro o cole volveu a encherse de risas e xogos e, como podestedes ver no Instagram, celebrouse cunha supermerenda saudable con todos os compis dos demais cursos.

Os seguintes días seguiron a ser especiais, pois foron días de voltar a entrar en contacto cos espacios do cole e cos novos xogos:





Cando xa estivemos afeitos de novo ao cole voltamos a facer propostas nas que recordamos cousiñas do curso pasado (letras, nomes, cores, números...), traballamos o soplo, a atención e a concentración, e puxemos os nosos sentidos e as nosas manciñas a traballar:





Outra das actividades que fixemos este mes foi escoitar e observar aos nosos compis mentres nos amosaban e explicaban todo o que traían nas súas caixas de recordos do verán:



E, coma sempre, celebramos algún aniversario! En setembro ninguén cumpre anos pero celebramos o de tres compis que cumpriran no verán. Parabens amigas!