domingo, 10 de diciembre de 2023

NOVEMBRO

No mes de novembro os nenos da clase de 4 anos seguiron a aprender e traballar moito a partir do outono (número-cantidade, lectoescritura, trazo das letras, cores do outono, número de sílabas, asociación, motricidade fina...)





:

Ademáis tamén traballaron a lectoescritura, a lóxico-matemática e a arte a partir do conto "Elmer":



 En novembro tamén traballamos valores sociais moi importantes:

🎀Qué é a leucemia infantil e a necesidade de conseguir fondos económicos para investigar sobre a cura da mesma, mediante a participación nunha carreira solidaria: 

🎀 Rechazo á violencia en xeral e, á machista en particular a través da realización de actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller:



 E, como todos os meses, tamén celebramos o aniversario dunha compañeira e xogamos moito:







jueves, 23 de noviembre de 2023

OUTUBRO DOS NENOS DE 4 ANOS!

 


E co mes de outubro comezamos a traballar e aprender moitas cousiñas empregando como centros de interese "O outono" e "O Samaín". Aquí unha mostra:





Pero o mes de outubro non só é importante por iso, pois foi un mes de moitas celebracións e experiencias:

🍁 Inauguración da biblioteca baixo a temática "A revolución dos caraveis" de Portugal, para o cal             decoramos os azulexos do corredor da biblioteca ao estilo dos de Portugal:


🍁 Excursión pola contorna para identificar os cambios que provoca a chegada do outono:



🍁 Celebración do aniversario dun compañeiro:


🍁Excursión a Naturnova:



🍁 Celebración do "Día das bibliotecas escolares" vindo disfrazados de personaxes de conto e                      participando na grabación da narración dun conto na biblioteca:


🍁 Celebración do Samagostín:


🍁 Realización de obradoiros de Samaín (cociña, sensorial e luz negra) cos demais nenos de infantil:




🍁Enchimos a nosa primeira garrafa con tapóns para doar:



🍁E como sempre o pasamos moi ben!:





domingo, 15 de octubre de 2023

Os de 3 xa están na clase de 4 anos!

 O día 11 de setembro o cole volveu a encherse de risas e xogos e, como podestedes ver no Instagram, celebrouse cunha supermerenda saudable con todos os compis dos demais cursos.

Os seguintes días seguiron a ser especiais, pois foron días de voltar a entrar en contacto cos espacios do cole e cos novos xogos:





Cando xa estivemos afeitos de novo ao cole voltamos a facer propostas nas que recordamos cousiñas do curso pasado (letras, nomes, cores, números...), traballamos o soplo, a atención e a concentración, e puxemos os nosos sentidos e as nosas manciñas a traballar:





Outra das actividades que fixemos este mes foi escoitar e observar aos nosos compis mentres nos amosaban e explicaban todo o que traían nas súas caixas de recordos do verán:



E, coma sempre, celebramos algún aniversario! En setembro ninguén cumpre anos pero celebramos o de tres compis que cumpriran no verán. Parabens amigas!





martes, 4 de julio de 2023

XUÑO!


E chegou o último mes do curso, un mes superdivertido pois, a pesar de estar xa todos un pouco cansos, fixemos un montón de cousas:                                                                                                                      

📌Propostas nos rincóns de traballo:                                                                                                           







📌Obradoiro de cociña e degustación empregando as leitugas da horta do cole:


📌Ioga para relaxarnos:

📌Xogo libre:                                                                                                                                                  


📌Visita á granxa de Javi:                                                                                                                                

📌Elaboración do agasallo das compis que están de aniversario no verán (e que celebraremos en                    setembro):                                                                                                                                                                            

📌Celebración da festa de fin de curso:                                                                                                        




E xa rematou o noso primeiro ano de cole... pasou rapidísimo! Tan rápido como pasarán os meses de verán, así que a disfrutalo e a crear bos recordos coa familia e amigos. Feliz verán a todos e todas!