Tras un descansiño comezamos o terceiro trimestre dunha maneira moi especial, pois comezou coa visita do coello de Pascua ("Easter Rabbit"). Para iso o coelliño contou coa colaboración da profe de prácticas e do auxiliar de conversa que nos organizaron unha búsqueda de ovos de cores no patio. Estaban riquísimos!
Como xa estamos en primavera adicamos as tres semanas de abril a realizar propostas moi primaverais:
🌸A primeira semana comezamos a coñecer algunhas cousiñas sobre a primavera a través da realización destas propostas coas que, ademais, tamén desenvolvimos a nosa creatividade e melloramos a capacidade de atención e a motricidade fina:
🐝Como a segunda semana tiñamos a excursión a "Apípolis" (http://infantilcarballal.blogspot.com/2023/04/excursion-apipolis.html) realizamos unha serie de propostas para coñecer algunhas cousiñas sobre as abellas e, ademáis, como as abellas, traballamos en equipo para facer un panal:
🌈E na terceira semana, como xa sabemos que "En abril, augas mil", fixemos unha serie de propostas empregando "Arcos da vella":
Abril foi un mes moi especial pois, ademáis de todas estas experiencias...
🎉Celebramos o aniversario de tres compañeiros:
No hay comentarios:
Publicar un comentario