HOXE LUNS 29 DE FEBREIRO, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL, TIVERON A VISITA DA NAI, DO SEU COMPAÑEIRO ANDRÉS, E UNHA COMPAÑEIRA DESTA, QUE TRABALLAN NO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS DE VIGO.
ELAS, CONTÁRONNOS A HISTORIA DO MEXILÓN E APRENDEMOS MOITAS COUSAS COMO QUE: OS MEXILÓNS VIVEN EN BATEAS OU EN ROCHAS, E QUE SE AGARRAN A ESTES POLO SEU VISO. ADEMAIS, ESTES MOLUSCOS COMEN PLACTÓN E SON CAPACES DE FILTRAR ATA 5 LITROS DE AUGA POR HORA.
AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DESTA VISITA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario