martes, 28 de mayo de 2024

ABRIL NA CLASE DE 4 ANOS

Despois duns días de descanso volvimos ao cole cargados de enerxía para seguir a aprender moito, e, para volver á rutina, fixemos algunhas propostas relacionadas coa Pascua, porque, ademais, esperabanos  unha sorpresa moi especial: a búsqueda de ovos de Pascua!


Ademais disto, este mes fixemos moitas propostas empregando como centro de interese "A primaveira", traballamos algúns aspectos máis sobre Portugal e os últimos días fixemos "traballiños" relacionados cos "Maios". 

A través da realización destas propostas profundizamos na lectoescritura (conciencia fonética, número de sílabas, grafismos...), melloramos a nosa motricidade fina (manexo do punzón, do pincel, das tixeiras...), exercitamos a nosa capacidade de atención, traballamos aspectos lóxico-matemáticos (conteo, asociación número-cantidade, subitización...):





Este mes tivemos unha cita moi especial cos nosos compañeiros de primaria con motivo da celebración do "Día do libro": o "Ti+eu=libro", co cal disfrutamos moito:


Coma todos os meses tamén celebramos varios aniversarios:





E fixemos unha creación artística empregando outra cor de Elmer:


Ademáis, conmemoramos o día do autismo coa visualización de curtas e facendo a nosa aportación para un mural de todo o cole:


E celebramos o 50 aniversario da "Revolución dos caraveis" na cal nós cantamos a canción "O cravo e a rosa" (https://youtu.be/1m8N2zF6hVk?si=2eAB_VjjvrDl3xhu) e degustamos para rematar as famosas "Natas" portuguesas:

E, coma sempre..., xogamos moito xuntos!