Ola familias!
Novembro foi un mes moi intenso para os nenos de 3 anos... pois tivemos que mudarnos! Costounos uns días adaptarnos ao cambio pero xa está todo controlado!
Cambiou a aula pero non as nosas rutinas, os nosos xogos, nin as nosas ganas de aprender.
Comezamos o mes cunha semana curtiña despois da ponte na cal fixemos actividades especiais:
🕷 Fomos reposteiros por un día e creamos unhas magdalena-araña deliciosas:
🍁Buscamos follas no patio dos maiores e aproveitamos para xogar un pouquiño:
🍂 Empregamos as follas recollidas no patio para decorar uns vasiños de vidro que servirán de portavelas:
🌰Celebramos o Magosto:
🎂Celebramos os 3 aniños dunha compañeira:
🚌Viaxamos en autobús ata Vigo para visitar unha exposición sobre a industria conserveira:
👦👧Xogamos moito dentro do cole e no patio:
💡E aprendemos moito facendo propostas relacionadas co outono:
Agora nos espera o mes máis máxico do ano... Imos disfrutalo un montón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario