Familias, coñecedes a Maruxiña? é a nosa "galeguiña". É a encargada de facernos compañía e ensinarnos moitas cousas, entre elas que estamos no OUTONO!
Ademáis, tamén nos trouxo contos sobre o Samaín, e por iso fixemos un montón de actividades relacionadas con eses temas.
Con estas actividades melloramos a nosa motricidade fina (movemento de pinza, prensión, presión, coordinación óculo-manual...), puxemos a proba a nosa capacidade de atención e concentración, iniciamonos no conteo e na asociación entre número e cantidade, agrupamos elementos en función da súa forma ou cor e seguimos a traballar a lectoescritura a partir dos nosos nomes.
Igual que setembro, outubro tamén foi un mes moi especial, pois foi un mes de moitas celebracións:
🎂Aniversario dun compañeiro:
E non nos podemos despedir sen dicirvos que tamén xogamos moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario