domingo, 26 de febrero de 2023

FEBREIRO, MES DE ENTROIDO!

Xa rematou un dos meses máis divertidos do ano, o mes do entroido!

Neste mes tan curtiño pasamolo xenial pois...

🎉 Celebramos o aniversario dunha compañeira:


🎉 Visitamos a exposición sobre o entroido galego no museo "Liste":


🎉 Realizamos moitas propostas de entroido:







🎉 Celebramos cos demais nenos de infantil o día do amor e a amizade:

🎉 Cumprimos cos mandados de "Meco":





🎉 Participamos na festa de entroido do cole disfrazados de "Merdeiros":


🎉 Xogamos e querémonos moito:

🎉 E, para rematar co entroido, cociñamos coa profe Sofía unhas deliciosas filloas:




viernes, 10 de febrero de 2023

XANEIRO

Comezamos o segundo trimestre cheíño de celebracións, pois durante as vacacións de nadal houbo varios nenos de aniversario.








Ademais, como regresamos con enerxías renovadas, axiña puxémonos a realizar novas propostas de traballo (esta vez empregando como centro de interese o inverno e o frío) a partir das cales adquirimos novo vocabulario, melloramos a nosa motricidade fina e a coordinación óculo-manual, e profundizamos un pouquiño máis no conteo, na asociación entre número e cantidade e na lectoescritura.








Como o que máis nos gusta é xogar e experimentar, tamén realizamos actividades sensoriais relacionadas co frío e o inverno: 

⛄Fabricamos neve de mentira e xogamos con ela:

⛄ Xogamos con escuma de afeitar:



⛄Pintamos con cubiños de xeo de cor azul:


⛄Liberamos animais do xeo:


⛄Tinguimos escuma:


⛄Xogamos con arroz tinguido de cor azul:


⛄E tocamos bloques de xeo:


Este mes tamén desfrutamos moito durante as merendas pois tivemos froita e leite!. O día que tocou laranxa aproveitamos e fixemos uns ricos zumes:




Coma sempre, tamén xogamos un montón!




Fumos de excursión a "Naturnova", onde nos ensinaron como coidar o noso planeta:



Celebramos o "Día da Paz e da non violencia" facendo uns xogos colaborativos cos demais nenos do cole: 



E, como podedes ver nas fotos, por fín, poidemos volver as nosas aulas!