Comezamos o segundo trimestre cheíño de celebracións, pois durante as vacacións de nadal houbo varios nenos de aniversario.
Ademais, como regresamos con enerxías renovadas, axiña puxémonos a realizar novas propostas de traballo (esta vez empregando como centro de interese o inverno e o frío) a partir das cales adquirimos novo vocabulario, melloramos a nosa motricidade fina e a coordinación óculo-manual, e profundizamos un pouquiño máis no conteo, na asociación entre número e cantidade e na lectoescritura.
Como o que máis nos gusta é xogar e experimentar, tamén realizamos actividades sensoriais relacionadas co frío e o inverno:
⛄Fabricamos neve de mentira e xogamos con ela:
⛄ Xogamos con escuma de afeitar:
⛄Pintamos con cubiños de xeo de cor azul:
⛄Liberamos animais do xeo:
⛄Tinguimos escuma:
⛄Xogamos con arroz tinguido de cor azul:
⛄E tocamos bloques de xeo:
Este mes tamén desfrutamos moito durante as merendas pois tivemos froita e leite!. O día que tocou laranxa aproveitamos e fixemos uns ricos zumes:
Coma sempre, tamén xogamos un montón!
Fumos de excursión a "Naturnova", onde nos ensinaron como coidar o noso planeta:
Celebramos o "Día da Paz e da non violencia" facendo uns xogos colaborativos cos demais nenos do cole:
E, como podedes ver nas fotos, por fín, poidemos volver as nosas aulas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario