viernes, 12 de marzo de 2021

PROXECTO: CARBI COÑECE A FLORA

 NAS AULAS DE INFANTIL TRABALLAMOS O PDI (PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) QUE XORDE DENDE A BIBLIOTECA.  ESTE PROXECTO TRABÁLLASE EN TODOS OS CURSOS DO COLEXIO. NESTE CURSO A TEMÁTICA FOI A FLORA, E NAS AULAS DE INFANTIL AMBIENTAMOS AS AULAS E CREAMOS RECANTOS PARA TRABALLAR ESTE PROXECTO, AÍNDA QUE CADA AULA ENFOCOU O PROXECTO DUNXEITO DIFERENTE:




EN 3 ANOS, TRABALLAMOS PLANTACIÓN, CRECEMENTO E COIDADO DAS PLANTAS E O COIDADO DA NATUREZA EN XERAL.


EN 4 ANOS, TRABALLAMOS A SELVA DO AMAZONAS, UN DOS GRANDES PULMÓNS DO NOSO PLANETA, ADEMAIS DO COIDADO DOS BOSQUES, DAS PLANTAS DA AULA E DA NATUREZA EN XERAL.


EN 5 ANOS, TRABALLAMOS A NOSA FLORA, É DICIR, A FLORA QUE ATOPAMOS NA NOSA CONTORNA, E QUE CARACTERIZA A NOSA PAISAXE, CENTRÁNDONOS NAS SEGUINTES ESPECIES: XESTAS, FENTOS, CARBALLOS, CASTIÑEIROS E TOXOS. ADEMAIS TAMÉN FIXEMOS PLANTACIÓNS DE SEMENTES E BULBOS DE PLANTAS E O SEU COIDADO. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario