miércoles, 21 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

HOXE CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, E PARA CONMEMORAR ESTE DÍA DEIXÁMOSVOS UN FRAGMENTO DO LIBRO "EU CONTO, TI CANTAS" DE MARÍA VICTORIA MORENO,  AUTORA A QUEN ESTE ANO SE LLE ADICARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

¡XA NON TEÑO MEDO!    (fragmento)
Eu durmo na bufarda
porque son malo,
porque esperto de noite
e porque falo.
       Mais mamá dixo
       que podía chamala
       de ser preciso.
*  *   *
Anque os primeiros días
pasei ben medo
coas sombras, cos ruídos
e co silencio,
      
       souben axiña
       que a noite é unha festa
       moi divertida.
              *  *  *
Cando a nai mata as luces
nace un silencio
que é redondo e escuro,
mais non dá medo
       Cómpre afacerse
       e as faíscas e as voces
       logo aparecen 
                   *   *  *
O reloxo da sala
óese ao lonxe
e eu agardo entre as sabas
que cante as doce,
       para que saian
       os diabriños que viven
       na miña casa.
                        *  *  *
No armario máis pequeño
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
       Dormen de día
       e polas notes traman
       mil ousadías

No hay comentarios:

Publicar un comentario