Empezamos a mañá cunha visita moi
especial, tivemos a sorte de contar coa presenza de Ramón D.Veiga,
autor do conto "Violeta quere ser vampiro" que veu contarnos
en que consiste a noite de Samaín.
Despois, realizamos un obradoiro de
maquillaxe para converternos nuns auténticos morcegos para levar a
cabo unha serie de xogos co resto do colexio nos que
pasámosnolo xenial!
Outro dos nosos obradoiros foi o de cociñar unha pantasma a partir de chocolate e galletas!
Terminamos o día de festa cun flasmob coa
canción que aprendemos coa teacher e a canción de Paco Nogueiras "No
samaín".
No hay comentarios:
Publicar un comentario