O
día 11 de outubro viñeron a coñecernos Óscar e Gerardo, dous
rapaces da asociación “ASPAVI” que teñen algunhas
dificultades, para contarnos como é o seu día a día.
ASPAVI é unha asociación de nais e pais de persoas discapacitadas de Vigo,
que entre moitas das labores que desenvolven atópase a de crear
un entorno estable, con actividades de ocio e
ocupacionais para persoas con discapacidade.
Gerardo
é unha persoa sordo-cega que “ve” coas mans; mentras que Óscar
tivo problemas na adquisición da súa linguaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario