martes, 23 de mayo de 2023

O HEMATOCRÍTICO

Hoxe recibimos unha visita moi especial: O Hematocrítico! 

Xunto a el pasamos un ratiño moi agradable disfrutando das súas historias e da narración dos títulos "Gaivota Gourmet", "Oso banda" e "Un can".





  

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2023

Un ano máis celebramos no cole o día das Letras Galegas e para elo os nenos e nenas de infantil interpretaron en lingua de signos a canción "Queremos galego" de Pablo Díaz tras recitar previamente uns versos de Manuel María:

Galicia somos nós

a xente e máis a fala.

Si buscas a Galicia,

en ti tes que atopala!


https://drive.google.com/file/d/1hnVwfjsENsgQ037dNRGWmNNgN3QL4d4E/view?usp=sharing

jueves, 4 de mayo de 2023

ABRIL!

Tras un descansiño comezamos o terceiro trimestre dunha maneira moi especial, pois comezou coa visita do coello de Pascua ("Easter Rabbit"). Para iso o coelliño contou coa colaboración da profe de prácticas e do auxiliar de conversa que nos organizaron unha búsqueda de ovos de cores no patio. Estaban riquísimos!


Como xa estamos en primavera adicamos as tres semanas de abril a realizar propostas moi primaverais:

🌸A primeira semana comezamos a coñecer algunhas cousiñas sobre a primavera a través da realización destas propostas coas que, ademais, tamén desenvolvimos a nosa creatividade e melloramos a capacidade de atención e a motricidade fina:




🐝Como a segunda semana tiñamos a excursión a "Apípolis" (http://infantilcarballal.blogspot.com/2023/04/excursion-apipolis.html) realizamos unha serie de propostas para coñecer algunhas cousiñas sobre as abellas e, ademáis, como as abellas, traballamos en equipo para facer un panal:





🌈E na terceira semana, como xa sabemos que "En abril, augas mil", fixemos unha serie de propostas empregando "Arcos da vella":




Abril foi un mes moi especial pois, ademáis de todas estas experiencias...

🎉Celebramos o aniversario de tres compañeiros:







🕮 Celebramos o "Día do libro" cun apradiñamento lector no que os nenos de primaria leronnos contos en galego:



😀 Compartimos xogos e tempo xuntos:


🐌 Observamos e tocamos con moito coidadiño caracois:


🌈 E para rematar o mes fixemos choiva de cores:









 


domingo, 30 de abril de 2023

sábado, 8 de abril de 2023

MARZO NA CLASE DE 3

Remata marzo e con el o segundo trimestre, un trimestre que pasou moi rápido porque estes rapaces están a poñelo moi fácil. Xa teñen ben adquiridas todas as rutinas do día a día e adáptanse sen problemas aos imprevistos que van xurdindo, polo que pódese dicir que todo vai sobre rodas!

Comezamos este mes adicando unha semana a un dos nosos sentidos: "A vista", para o cal fixemos unha serie de propostas que foron organizadas pola profe de prácticas, Sofía.





Despois disto fixemos propostas nas cales, a través da lóxica-matemática, da lectoescritura ou da arte, se relacionaban algunhas das Marabillas Galegas coas figuras xeométricas:
 









Pero nesta clase non todo é "traballar", pois tamén tivemos durante este mes varias celebracións e actividades divertidas:

💜 Celebración o 8 de marzo do "Día Internacional da Muller":


📰 Semana da prensa:


🎉Aniversario de algúns compañeiros:







🚢Excursión ao Porto de Vigo:



🐰Actividades e xogos de Pascua:


🎲 Sesión de xogos de mesa, xogo libre e actividades no exterior:





E para rematar ben o mes... recibimos a dúas novas profes de prácticas coas que vamos a aprender a falar coas mans!


FELICES VACACIÓNS!