O día 11 de setembro o cole volveu a encherse de risas e xogos e, como podestedes ver no Instagram, celebrouse cunha supermerenda saudable con todos os compis dos demais cursos.
Os seguintes días seguiron a ser especiais, pois foron días de voltar a entrar en contacto cos espacios do cole e cos novos xogos:
Cando xa estivemos afeitos de novo ao cole voltamos a facer propostas nas que recordamos cousiñas do curso pasado (letras, nomes, cores, números...), traballamos o soplo, a atención e a concentración, e puxemos os nosos sentidos e as nosas manciñas a traballar:

















































