lunes, 26 de marzo de 2012

VISITA AO ZOO

O PASADO MÉRCORES ESTIVEMOS DE SAFARI NO ZOO. ALÍ, PUIDEMOS OBSERVAR DIFERENTES ANIMAIS E APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE ELES. FOI UNHA EXCURSIÓN MOI EMOCIONANTE PORQUE NOS ENCANTAN OS ANIMAIS!!!!
AQUÍ TENDES UN PEQUENO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS:

domingo, 11 de marzo de 2012

OS CASTELOS 3ª PARTE

Na aula de cinco anos xa acabamos o noso proxecto dos Castelos, e como punto final, fixemos un castelo de area, aquí vos deixamos unha  mostra, esperamos que vos gustara. A mestra pide desculpas polos erros cometidos, seguiremos aprendendo e disfrutando...Moitas grazas pola  vosa axuda.

OS CASTELOS 2ª PARTE

Os nenos e nenas de cinco anos seguiron traballando no seu Castelo, aquí vos deixamos unha pequena mostra, para que poidades disfrutar con noso traballo.

miércoles, 29 de febrero de 2012

ACTIVIDADE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

HOXE, NA ESCOLA, OS NENOS E NENAS DE CATRO E CINCO ANOS, TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA. XA QUE VIÑERON DÚAS RAPAZAS DO DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO, E CON ELAS ESTIVEMOS FACENDO DIFERENTES XOGOS NOS QUE TIÑAMOS QUE IMITAR ANIMAIS, ADIVIÑAR COUSAS QUE NOS PREGUNTABAN, BUSCAR PARELLAS,... DESTA MANEIRA, ÍAMOS CONSEGUINDO PEZAS DUN CREBACABEZAS XIGANTE, QUE AO ÚLTIMO MONTAMOS.



QUEREDES VER COMO NOS DIVERTIMOS? POIS PREMEDE ABAIXO:

PASENIÑO COA LINGUA on PhotoPeach

miércoles, 22 de febrero de 2012

SEREAS E TRITÓNS

ESTE ANO NO ENTROIDO, OS ALUMNOS, ALUMNAS E MESTRAS DO CARBALLAL, CONVERTÉMONOS EN ESPECIES MARIÑAS. EN INFANTIL, TRANSFORMÁMONOS EN SEREAS E TRITÓNS.
 MIRADE QUE GUAPAS E GUAPOS ESTÁBAMOS.






martes, 14 de febrero de 2012

ANIVERSARIOS FEBREIRO

ESTE MES TIVEMOS DE AVIVERSARIO A BELÉN .CUMPRIU 4 ANOS E NOS TROUXO UNHA FERMOSA TARTA DE HELLO KITTY,  ESTABA DELICIOSA.
                               ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ FELICIDADES!!!!!!!!!!!!

lunes, 6 de febrero de 2012

OS CASTELOS

Como xa sabedes , na aula de cinco anos estamos traballando sobre os CASTELOS, aquí vai unha pequena mostra do noso traballo, esperamos que vos guste, nós estámolo a pasar moi ben. Un saúdo.